Tuesday 21 de May de 2024

Celemín destaca a importancia de cuestionar o que nos rodea na mostra sobre Leonardo da Vinci


O concelleiro de Educación explicou na inauguración que a exposición de Méndez Núñez conecta o xenio co tempo actual a través de maquetas a escala real, audiovisuais e realidade aumentada que deixan ver que a intelixencia e sensibilidade foron o denominador común de todos os seus inventos

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, participou este mediodía na inauguración da exposición “Leonardo da Vinci. Observa. Cuestiona. Experimenta”, nos xardíns de Méndez Núñez e que se enmarca dentro do acordo de colaboración coa Fundación la Caixa e a Xunta de Galicia para a celebración do Xacobeo 2021. O edil destacou o enfoque que se lle dá na mostra a un xenio como Leonardo da Vinci para remarcar o seu carácter innovador e curioso: “Non debemos deixar de cuestionar e interactuar co que nos rodea porque só o que observa, aprende e experimenta”.

Celemín sinalou que estes tres verbos van da man e son o fundamento dunha iniciativa en que tamén colabora o Château du Clos Lucé – Parc Leonardo da Vinci e que responde á intención deste Concello de que as coruñesas e coruñeses se inspiren e reforcen a súa natureza emprendedora.

Até o 16 de xuño, a veciñanza poderá desfrutar dentro da carpa dun espectáculo audiovisual que conecta o pensamento de Leonardo co noso día a día. A continuación, as persoas visitantes atoparanse con sete xogos interactivos cos que Nota de Prensa comprenderen e descubriren que a intelixencia e a sensibilidade do inventor foron o denominador común de todo o que logrou nas distintas disciplinas.

Xa no exterior, catro grandes maquetas reproducen a escala real algunhas das ideas máis modernas de Leonardo da Vinci. Son interpretacións dos seus debuxos, construídas con materiais actuais e tecnoloxía punta, para o que se contou cun equipo de enxeñeiras/os especializados na construción de robots e prototipos.

Sobre a explanada dos Cantóns, están expostos un parafuso aéreo, o famoso Home de Vitruvio, a máquina voadora e un barco de pas.